27 abr 2013
Xiber, un novo equipo para a LNB desde Barreiros
Unha nova franquicia xa está a quentar motores para competir na vindeira edición da Liga Nacional de Billarda: Xiber. Da man do taberneiro maior de Barreiros, marqués polo civil e activista cultural e social Xesús Seivane Vázquez, o novo equipo xa empeza a quentar motores no seu novo local social.
Xa está a traballar nunha festa de presentación que vai rachar moldes na contorna. Novos palanadores e palanadoras para LNB, a recuperación de antigos xogadores e a fichaxe de algún membro doutros equipos son plans que xa ten moi avanzados.
Así que todos e todas aqueles barreirenses que desexedes contribuír ao proxecto Xiber Billarda, pasádevos a tomar unha caña polo Bar Moderno e o Marqués os irá adiantando datos.
Adiante coa Billarda, Adiante co Varal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario