23 abr 2013
Unha estatua para Ana Mato?
Tazones é unha parroquia do concello asturiano de Villaviciosa (gobernado polo Partido Popular) famosa polo seu marisco. A súa veciñanza dedidiu render unha homenaxe a tódalas mulleres que traballan no mar erguendo unha estatua. Aínda non está feita pero o modelo, encargado a un escultor de Xixón, xa está listo. Nada que criticar, por suposto. O único fodido é que pola pinta, a foto non deixa lugar a moita dúbida, escolleu como modelo a ministra Ana Mato, coñecida pola desfeita que está a facer en Sanidade, en Servizos Sociais e en Igualdade. E tamén por padecer un estraño Alzheimer cando lle falan de Jaguar, de Jesús Sepúlveda ou da Gürtel.
Fonte: La Nueva España.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario