9 ene 2014

Soberanía Alimentaria

Neste vídeo explícannos conceptos que nos permiten entender como funciona o inxusto sistema agroalimentario e as alternativas que temos.









6 ene 2014

Algún tiro fai falta

“Que lle metan un tiro a algúns dos culpables da crise é unha mínima violencia comparada coa que eles propiciaron”

“Se non exercemos esa mínima violencia contra a corrupción poderemos lamentar logo a extrema violencia que se xera nunha guerra civil”

Alberto Vázquez Figueroa en declaracións a Radio San Borondón.

Audio aquí.

5 ene 2014

O modelo que non gusta a Wert

Coa aprobación da LOMCE o ministro José Ignacio Wert non pasará á historia, como moito seguirá enchendo polémicos titulares no presente ata que remate o seu mandato, máis cedo que tarde. A LOMCE non é nada novo: é unha volta ao pasado franquista recente. Reválidas, protagonismo da Igrexa, segregación por sexos, diminución do investimento en educación, política de becas sectarias, acceso prioritario á educación dos máis ricos, priorización do castelán sobre as outras linguas, etc.

E todo para que?

Hai un estado na Europa onde a educación é de balde, a mesma para o fillo do obreiro que para o fillo do rico, onde tódalas escolas son públicas, con servizos de comedor e sanidade gratuítos. O profesor é sempre un funcionario público ben pagado e ben recoñecido ...

Ese país chámase Finlandia e leva moitos anos liderando os informes PISA.

Neste documental, subtitulado ao castelán, pode verse como se traballa no sistema educativo finlandés. Wert non o coñece nin lle interesa.


4 ene 2014

Que nos conta sr. Balseiro?

Os datos estadísticos son unha morea de números que se usan para comparar e analizar un determinado fenómeno no que poden intervir moitas variables. Poren cando os bípedes políticos manexan e interpretan as cifras de xeito interesado e sen ningún rigor, a ciencia deixa de chamarse estadística e pasa a ser propaganda. Neste caso só serve para encher titulares de xornais afíns, contenedores de noticias e para poñer a proba a paciencia e a intelixencia dos votantes.

O deputado popular José Manuel Balseiro (A Mariña) tira foguetes cos datos anunciados sobre o desemprego e referidos á provincia de Lugo: "1.680 parados menos ca en Xaneiro", "unha redución do 5,73%". E isto todo grazas a labor, esforzo e seriedade do Partido Popular, o partido dos traballadores, segundo Cospedal.

Imos ver os datos, sr. Balseiro.

Decembro foi un mes de recuperación de emprego no estado español grazas, sobre todo, á recollida da oliva. Porén foi malo para Galiza que aumentou en 209 desempregados. En concreto, na provincia de Lugo, medrou en 175 persoas.

O número de cotizantes á Seguridade Social pasou, no exercicio 2013 e no conxunto do estado, de 19,4 millóns a 16,2 millóns. Galiza perdeu no mesmo ano 7.724 persoas afiliadas. Este dato indícanos que non hai nin se agarda recuperación positiva de emprego.

Dúas variables que tampouco ten en conta o sr. Balseiro son os desempregados que xa non fichan nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galiza e os moitos galegos que xa se viron forzados ao exilio da emigración. Non vivindo no Mundos de Yupi, Balseiro coñecerá casos (incluso dos seus votantes).

As persoas que non reciben prestacións nin axudas xa "pasan" de fichar no "Inem" galego porque nin funciona nin serve para nada. É máis doado atopar unha oferta de traballo en Lugo no Lanbide vasco que no "Inem" de Ribadeo.

Os que emigraron xa están "descontados" e de regalo de Nadal, o PP dos traballadores acaba de "amortizalos" sacándolles o dereito á Sanidade Pública a partir dos 90 días fora do estado español.

Aínda esquecíame comentar que todos aqueles que fan cursiños tampouco se contabilizan como desempregados.

En fin, agás na precariedade, en canto ao emprego na provincia de Lugo, o 2014 aínda vai ser peor que o 2013.

3 ene 2014

Napalm sobre o Parlamento

(Galicia Confidencial)

"Encántame o cheiro do napalm pola mañá. Ule a vitoria"
(Nuñez Feijóo)

Que Feijóo pretenda reducir o número de representantes no Parlamento Galego sería unha boa idea, sempre e cando, os dez deputados sobrantes saíran das filas do PPdeG. Total para que os precisamos senón contribúen en absoluto a defensa e valorización deste País. É ademais, o estado zombi no que se atopan, durante toda a lexislatura, moitos representantes populares fainos pensar na inutilidade do Parlamento como órgano representativo da vontade do pobo.

Poren a xogada de Feijóo é darlle máis peso nas hurnas ás provincias de Lugo e Ourense, restando nas outras dúas,  para garantir unha maioría parlamentaria pouco lícita ao xeito dunha república bananeira.

O déficit democrático é tal na Galiza contemporánea que aprobar unha medida tan drástica e desta envergadura, saída do executivo, sen consultar á cidadanía asúmese con total normalidade. Roubar o dereito a escoller dos galegos, facer trampas para manterse no poder, todo vale. Unha aldraxe máis perpetrada por uns tipos sen oficio que xa fai tempo que aparcaron a ética para perpetuarse nas poltronas.

Non creo que no estado español existise a chamada "transición" cara á democracia. Dende logo na Galiza, non. Os caciques seguen a ser os mesmos, os ricos máis ricos e os pobres máis pobres. Para unha transición de verdade na nosa nación, disolvede o Parlamento hoxe mesmo i escollede aos 71 representantes do pobo por sorteo.



14 dic 2013

A bicicleta que fai a fotosíntese

Xa teño falado noutras ocasións de bicicletas curiosas, algunhas feitas de xeito artesanal a través da reciclaxe. Agora aprendo deste novo proxecto, a Fotosíntese Bike, desenrolado por enxeñeiros e investigadores tailandeses.

O proxecto suma ao xa ecolóxico que ten o uso da bicicleta no canto do automóbil (sobre todo en espazos urbanos), unha nova función: osixenar a atmosfera.

Estas novas bicicletas ecolóxicas de Fast Company purifican o aire a medida que pedaleamos nun proceso que, segundo Bangkok Lightof, desenrolase no marco de aluminio logo dunha reacción entre a auga e a enerxía eléctrica dunha batería de litio.

6 dic 2013

Roteiro interpretativo da Fraga de Santo Estevo

Fraga de Santo Estevo do Ermo (Barreiros). 

Sábado 7 de Decembro: "INTERPRETA, VALORA E PROTEXE"

Irmandade Santo Estevo i Erebia xúntanse nun proxecto ecosolidario para poñer en valor un espazo natural como a Fraga de Santo Estevo (Barreiros), a cal merece unha protección polos seus recursos naturais, histórico-artísticos i etnográficos. 


Caracol de Quimper (Elona quimperiana)
Itinerario guiado e interpretado dun bosque singular que nos traslada á época na que vivían os dinosauros, onde descubriremos fentos relictos do Terciario (Woodwardia radicans) e unha gran diversidade de flora i especies arbóreas (érbedos; …). Veremos o primitivo caracol de Quimper (Elona quimperiana), seguiremos os rastros da algaria e a martaña, e intentaremos localizar unha xoia herpetolóxica endémica del NW ibérico: a saramaganta (Chioglossa lusitanica). 

Visitaremos as antigas minas de ferro, a Capela de Santo Estevo do Ermo del S. XVIII, a antiga capela do S. IX-X co seu cemiterio, as fontes medicinais e falaremos das ermitañas. 


Saramaganta (Chioglossa lusitanica)
INFORMACIÓN Y RESERVAS: 696 208 925 (Gustavo); erebiagml@hotmail.com

Descrición da actividade: Duración (4 horas aprox.); dificultade baixa.
Recomendacións: botas e roupa de abrigo; caderno de campo.
Punto de encontro: Praza do Concello (Barreiros) ás 09:00h.

Inclúe: 
- 1 guía-naturalista e 1 guía local
- dossier fotográfico das observacións de campo en formato dixital
- seguro de responsabilidade civil
- degustación de mexillóns e viño Ribeiro

Tarifa: 15 € / persoa. Nenos e socios da Irmandade: 5 € (a recadación revertera na posta en valor da propia fraga)

CONDICIÓNS:
O traslado ás actividades non está incluído nos servizos.