Imaxe: INDIXENISMOGZ |
O venres pasado tiven a ocasión de escoitar aos Zënzär na súa merecida homenaxe por 25 anos resistindo no rock galego, celebrado na sala Capitol de Compostela. Tamén recibín, por primeira vez en directo, a brutal descarga de decibelios de Machina e de Invivo. A Machina xa os coñecía de fai tempo, a Invivo non tanto. Ámbalas dúas bandas demostraron a súa calidade e, alúmenos a min, fixéronme reflexionar sobre este o noso País.
A desgraza de Machina e de Invivo, e a doutras moitas máis bandas de rock galegas, é ter nacido na Galiza. Se houbesen parido o seu proxecto musical en Londres ou en Madrid xa serían estrelas na constelación roqueira internacional. Mais eles son galegos e asumen tal condición.
O problema, coma sempre, ven dado da falta de apoio e de promoción por parte de tódolos estamentos relacionados co eido cultural galego que son incapaces de recoñecer este estilo musical como unha parte máis da cultura propia.
E non falo só da TVG e da Radio Galega (onde resiste como pode Planeta Furancho). Falo de Festivais organizados por asociacións, colectivos ou grupos políticos onde as primeiras bandas nos carteis son bascas, portuguesas ou a Banda Bassotti.
Foto: JUAN LUIS RÚA |
Falo da ignorancia de quen ten cargos de poder no Bloque, en Anova e noutras formacións que din estar comprometidas coa cultura da nación e que non son capaces de citarme cinco bandas de rock galego si lles elimino aos Zënzár e aos Ruxe-Ruxe.
Todos eses que tanto falades de cultura, xa vai sendo hora de que vos poñades ao día. Galiza é unha sementeira de bandas de rock en galego, facede o favor de recoñecer este traballo e erguelo á categoría de Cultura con maiúsculas.
Pola miña banda, non penso asistir nunca máis a un festival (incluído o Festigal) onde a primeira banda do cartel (con letras ben grandes e non agochada nun recuncho) non sexa galega.
Que grandes verdades!
ResponderEliminarÉ unha pena que os grupos galegos non teñan o recoñecemento que deberían polo mero feito de ser da nosa terra.
Aínda mo comentou o outro día un amigo: "Non entendo como Machina non son máis coñecidos a nivel nacional e incluso internacional, porque vaia voz ten o cantante, e que calidade os demáis membros da banda". E niso concordo totalmente con el, ademáis da humildade e entusiasmo coa que dan cada concerto. E coma o caso de Machina, moitas outras bandas galegas...
Un saúdo!
Entendo que aqueles grupos galegos, formados por galegos, que amosan a sua obra por Galiza adiante, pero que non canten en galego tamen terán a consideración de cultura galega.
ResponderEliminarUn saúdo
bla bla bla....
ResponderEliminarMoi boa entrada!
ResponderEliminar