2 ene 2013

Viri: ren galega, ren española


Non acabou de falar Viri e xa saltaron tódalas alarmas pangalaicas dando protagonismo nas redes sociais a unha ninguén, cidadán de ningures.

A primeira dama do pequeno imperio, Elvira Fernández, emprega os típicos tópicos que entendemos como prexuizos cara aos galegos e galegas e, sobre todo, cando saen dunha pontevedresa "directa e pasional" casada cun presidente de orixe galega encargado do demolemento do estado social e económico.

Que Viri se declare "nada galega" nas páxinas do Yodona para min non ten maior importancia. No fondo agocha que tampouco se considera "nada española". Non se trata dunha cuestión de identidade nacional, é un argumento de clase. A primeira dama, dade por suposto, que se considera moi galega coma Amancio Ortega, coma Manuel Jove ou coma Rosalía Mera. Tamén se identifica coma española si se trata de Emilio Botín, Juan Roig ou Alicia Koplowitz. Mais non se recoñece galega nin española cando hai que asumir a realidade do colectivo social dos desempregados, dos pobres, dos desafiuzados, dos estafados polas preferentes, dos que padecen precariedade laboral, dos que sofren a privatización da sanidade e do ensino público, dos que non chegan ao final do mes, dos que pasan fame...

Así que ler entre liñas a mensaxe dunha señora que so se solidariza e se identifica cos da súa clase social sexan galegos, españois ou chineses. Non paga a pena difundir máis a idiotez a través das redes sociais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario