Este é un caso real. Danse a feixes poren rara vez son protagonistas nos xornais aínda que retratan a realidade social que está a construír este Sistema caduco e que o PP acelera a ritmo trepidante.
Nas televisións, nos periódicos, nos medios en xeral, alienados co Sistema, sexa pola banda dereita ou pola esquerda, cospen acotío ideas valeiras. O Sistema non é cuestionábel. Seica a democracia occidental é o mellor do peor. Se cadra teñen razón mais nin sequera iso practican. Estamos no século XXI e aínda reivindican as Cortes de Cádiz nun mundo tecnoloxicamente avanzado onde sería doado practicar unha democracia plenamente participativa e en tempo real.
Pero non. O Poder non quere cambiar. Seguiremos mandando nenos e nenas con dobre nacionalidade de volta para Cuba porque alí poden instruírse de balde e labrarse un futuro lonxe da decadencia occidental.
Desgrazadamente é así, as historias repítense e semella que o tempo é circular. Aquí é aínda peor, vivimos nun contexto onde o sistema educativo cada vez é máis inútil e menos recoñecido, onde se lexislou para diluir as titulacións nun sen fin de especialidades que non levan a ningunha parte. Quitar valor ao sistema educativo público foi o obxecto do plano boloña....
ResponderEliminarO problema desa nena é que estudará alá a súa carreira e, cando volva, o sistema daquí non lla quererá recoñecer moi probablemente...
PD. Lembreime de ti con este post porque creo que eras da zona de Bretoña... non sei se me equivoco ? http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/10/09/o-codigo-da-empanada/#more-24462