3 jun 2013
Gastronomía con sabor a morte
Fai moito, moito tempo neste País o sacauntos asustaba aos cativos polas noites. Mais todo renóvase e temos que ir adaptándonos. Agora o Presidente Feijóo e a súa Conselleira do Mar interior decidiron xubilar ao sacauntos. A partir de agora vaise ser o Mar o que mete o medo no corpo a crianzas e maiores. Todos coñecen a inmensidade dos océanos pero poucos sabían do perigoso que é o mar nas costas da Galiza. Nenas, nenos, señoras, indíxenas do interior, galego practicantes, humanos en xeral, alieníxenas e bípedes políticos: non vos acheguedes ás praias galegas polo que poida pasar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario