17 nov 2013

Demos+, cara ao feudalismo político

Como xa ten ocorrido noutras ocasións, para as vindeiras eleccións europeas preséntase unha nova formación "política" que, baixo o nome de Demos+, tratará de aglutinar o voto de todo o funcionarado do estado.

Proxecto, segundo afirman, para beneficiar á cidadanía; e experimento abocado ao fracaso, visto aos meus ollos.

Non teño nada en contra desta ou doutras iniciativas similares, canda quen é libre de actuar seguindo os seus impulsos. O que non podo compartir é que Demos+ amósese como proxecto político cando a súa xénese é gremial ou corporativista. Acaso coinciden os intereses dun sector particular cos xerais da cidadanía? Coido que non.

Vivimos nunha época na que algúns xa cuestionamos o sistema democrático liberal occidental baseado na representación exclusiva da cidadanía por partidos políticos "profesionais", cada un repartíndose algunha poltrona, aos que é imposíbel desprazar do Poder.

Se a solución para evolucionar na democracia estancada pasa por incluír novas tecnoloxías e recortar delegación de poder aos representantes políticos en favor dos cidadáns, iniciativas como Demos+ son pasos cara a un novo feudalismo.

Páxina en feisbuc:
https://www.facebook.com/pages/Movimiento-FUE/328206613931759


No hay comentarios:

Publicar un comentario