19 oct 2013

Tres mil bandullos agradecidos

Foto: Xesús Ponte (El Progreso)
Este planeta chamado Galiza non orbita ao redor de ningún astro coñecido nin se rexe pola física de Newton ou de Einstein. Aquí só nos movemos polo que dita o bandullo. Alleos ao drama do desemprego, a emigración, ao sufrimento de moitas familias, aos desafiuzamentos, as preferentes, aos recortes na educación e na sanidade, ao desmantelamento dos sectores produtivos. Alleos a todo cando nos enchen o bandullo que, agradecido, convértenos en zombis xordos, cegos e sen raciocinio.

Incapacitados para entender que estamos a vivir nunha das épocas máis negras e funestas da nosa historia recente, aplaudimos, entre racións de polbo, a políticos nefastos que nos conducen cara ao abismo.

Políticos sen argumentario cuxo único razoamento é o infantil "y tu más" e cuxo único mérito salientable é xuntar  tres mil bandullos agradecidos nunha pulpada no San Froilán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario