5 oct 2013

Intxaurrondo e Resistencia Galega

Fai poucos días asistiamos estupefactos a unha parodia xudicial que levou aparellada duras condenas contra mozos galegos por un suposto delito de terrorismo. E todo baseado na hipotética existencia dunha estrutura organizada a que o delegado do goberno, as forzas policiais españolas e os xuíces deron por chamar "Resistencia Galega". O resultado desa farsa é ben coñecido por todos.

Hoxe érgome pola mañá e leo nos xornais que o Estado español puxo en liberdade ao xeneral Galindo, sentenciado a 75 anos de cadea polo asasinato dos mozos vascos Lasa e Zabala. En total pasou no caldeiro 4 anos e 4 meses, cos cales, seica, xa pagou á sociedade a morte e o terror que , durante anos, infundiu desde o nefasto cuartel de Intxaurrondo.

Comparando os dous casos calquera pode darse conta que nesta suposta democracia os Poderes tenden a involución recortando, con man de ferro, liberdades e dereitos consolidados. E nos somos partícipes necesarios nese xogo por permitilo.

Algúns tardaron, outros aínda non o fixeron, en darse conta de que no estado español nunca existiu a "Transición" máis que para encher frases bonitas coas que amansar ao rabaño de ovellas. Poren os lobos seguen aí fora e son os mesmos.


 Negu Gorria: "Ustelkeria" (Podredume, canción sobre Galindo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario