29 sept 2013

Cando CR7 dixo o que non dixo

"Conheço o assunto da Galiza, sei que falam uma forma do português". "Por que é que nao podem escolher livremente o seu futuro".

A parte de billardeiro tamén son futboleiro (do gaélico e do inglés) e, certamente, o Cristiano Ronaldo é un bípede que non é merecedor das miñas simpatías máis profundas.

Poren cantas cousas mudarían se fose certa a portada d'A Bola? Cantos novos seareiros tería na Galiza o CR7? (O de CR7 aínda non o entendo ben, supoño que será porque se parece a C3PO).

De haber unha pinga de verdade, se cadra, cando guindase as botas podería atopar refuxio na nosa terra para desenrolar a súa faceta política sen complexos. Un cousa como fai o gran Pelé anunciando preservativos, remedios para impotencia (ou era para incontinencia?) ou algo así ... vamos ... na súa liña ideolóxica.

Para desgraza de todos, incluído Xavier Alcalá que meteu o chío en Twitter, o sábado 22 de xaneiro o rotativo luso publico esta portada.

A fonte ven do único portal do que te podes fiar para informarte e da man do sr. Roar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario