20 ago 2013

Cheira mal, cheira mal a política provincial

Levamos unha tempada axitada na política lucense. O PPdeG acusa acotío ao BNG de desviar fondos da Deputación de Lugo para pagar salarios a persoas que só se dedican a traballar para o partido. O BNG, como corresponde en calquera forza colaboradora do Sistema, procede ao día seguinte a desmentir con vaguidades ao estilo "ti máis".

Non sei quen está en posesión da verdade. Nin o vou a aprender xamais. Todo forma parte da mesma estratexia a que xogan os partidos que están no poder ou os que aspiran a estalo. 

O que fai fatal o BNG é defenderse acusando. Proba de mala asesoría ou de intentar dirixirse só a un grupo de posibles votantes que creen a súa palabra como se fose un dogma de fe.

Para convencer aos que temos un mínimo de raciocinio, aínda que sexa primitivo, quero entender que existen probas documentais que desmonten as afirmacións que se fan desde o PPdeG. Si é así, nada máis doado que guindalas nunha páxina web para que os paspáns coma min caian da burra.


2 comentarios:

  1. O bng cando chega as institucións fai igualiño co resto de partidos,,, amañar os seus, dar subvencións as suas asociacións e afins.. da pena pero é asi. so queda botarse o monte!!

    ResponderEliminar