7 abr 2013

Outlet do Libro Galego en Compostela do 6 ao 14 de abril


Do 6 ao 14 de abril, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar,19), preséntase o Primeiro Outlet do Libro Galego da Asociación Galega de Editores, unha boa oportunidade para facernos con grandes libros da nosa literatura e outros que che interesan mais xa non están no circuíto comercial, todo isto a prezos moi recomendables. Achégate ao edificio en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 h.

O Outlet do Libro Galego nace coa vontade de dar unha nova oportunidade aos libros, moitos deles obras importantes da nosa literatura, que xa non están nos circuítos comerciais convencionais. Despois de estar o pasado ano 2012 en Allariz e en Pontevedra, a iniciativa adquiriu un importante éxito de público e venda, por iso agora vólvese programar un novo Outlet do Libro Galego en numerosas cidades da nosa xeografía, que teñen lugar en dúas tempadas, primavera e outono, e unha máis pequena no verán.

No proxecto Outlet do Libro Galego intégrase toda a cadea de valor do libro. Promove a idea a Asociación Galega de Editores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario