22 abr 2013
I Carreira Popular das Praias de Barreiros
O vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, xunto a membros da organización, participou esta mañá na presentación da 1ª Carreira Popular das Praias, que se terá lugar en Barreiros o vindeiro 12 de maio cun percorrido trazado sobre as praias deste concello mariñán. Trátase dunha carreira especial en Galiza xa que o a práctica totalidade do percorrido se realiza a través das praias.
A inscrición para esta carreira popular é totalmente gratuíta na súa primeira edición e, malia que se recomenda inscribirse con antelación, pode facerse até o propio día da carreira un par de horas antes da saída. A saída terá lugar en Punta Anguieira e atravesará 5.5 kms de praias, para dar a súa volta e volver á meta, completando un percorrido de aproximadamente 11 kms para os adultos, mentres que os participantes infantís terán tamén as súas propias distancias reducidas entre os centos de metros e os 2 kms.
Os teléfonos para inscribirse e máis información son 982 124 085 - 615 09 21 15 – 625 82 10 44 e tamén no correo electrónico: pbsanmiguel@yahoo.es
Fonte: Deputación de Lugo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario