28 abr 2013

Da macroeconomía a micromiseria



No Concello de Nigrán van cobrar por usar as duchas públicas (medida seica pioneira na Galiza), en moitas corporacións galegas xa che cobran as fotocopias feitas coa máquina que mercaches ti como veciño e cos folios que tamén pagaches. No Concello de Barreiros subiron tanto o IBI que algúns xubilados, exentos de facer a declaración da renda, vense agora sorprendidos pola Facenda estatal ao estar en situación de contribuíntes activos do IRPF. Para facer algún trámite na Dirección Xeral de Tráfico de Lugo (desastre organizativo exemplar) primeiro hai que pagar e logo xa se verá. Etc, etc.

Taxas, impostos, tributos...

Paro: máis de 6.000.000 de persoas.

Medidas de fomento do emprego? Tururu, tururu... É unha odisea botarse ao mundo dos autónomos. Agás que sexas un mozo, as cotas son unha salvaxada comparadas coas aplicadas noutros estados da Unión Europea. O IGAPE non soltou un can no ano 2012 para axudar ao pequeno empresariado, ao comercio tradicional, aos autónomos...

Señores do Partido Popular e bípedes afíns, señor Feijóo, non me veñan con cifras macroeconómicas porque só enchen discursos pero non acaban coas micromiserias que están a crea coas súas políticas erradas e suicidas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario