8 abr 2013

As parroquias diocesanas no Barreiros de 1965


"Guía de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol del Caudillo" é un volume editado en 1965 baixo a dirección do bispo Jacito Argaya Goicoechea, antecesor no cargo a Araúxo Iglesias. O libro é unha inxente base de datos sobre a xeografía, a historia, a curia diocesana, os arciprestados, a nomenclatura parroquial, a nomenclatura do clero do bispado, comunidades relixiosas, ordes, congregacións, mapa desligable da dioceses, apéndices, etc.

Sobre as Parroquias de Barreiros no ano 1965 aporta os seguintes datos (resumidos):

Parroquia de San Cosme
Categoría E, Arciprestado de San Martiño, Habitantes 1.114 de feito e 1.127 de  dereito, teléfono número 6, non ten casa reitoral, igrexa parroquial regularmente conservada, insuficiente e descentrada. Proxéctase a construción dunha nova igrexa. Partida máis antiga: 1602. Capelas: Santo Estevo (propiedade da Igrexa) e San Bartolomeu (propiedade particular)

Parroquia de San Pedro
Categoría A, Arciprestado de San Martiño, Habitantes 530 de feito e 580 de dereito. Ten casa reitoral. Templo do século XVI ben conservado. Partida máis antiga: 1638.

Parroquia de San Xulián de Cabarcos
Categoría A, Arciprestado de Lourenzá, Habitantes 700 de feito. Ten casa reitoral. Partida máis antiga: 1753. Capelas: Nosa Señora do Pilar (Gondán), Nosa Señora do Carme (Vilamartín Grande), de San Sebastián (A Rilleira) e de Santa Ana (A Insua).

Parroquia de San Xusto de Cabarcos
Categoría A, Arciprestado de Lourenzá, Habitantes 537 de feito e 556 de dereito. Ten casa parroquial recentemente adquirida. Templo do século XVI regularmente conservado. Partida máis antiga: 1.570. Capelas: Nosa Señora (Vilamar), San Antonio (O Val do Caínzo), Nosa Señora do Bo Suceso (ao carón da igrexa) e a da Fundación Escola Rancaño (Ladrido).

Parroquia de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos
Categoría A, Arciprestado de Lourenzá, Habitantes 450 de feito e 480 de dereito, ten casa parroquial. Partida máis antiga: 1.683. Capelas: San Caetano (propiedade da igrexa)

Parroquia de San Miguel de Reinante
Categoría A, Arciprestado de Ribadeo, Habitantes 1.195 de feito e 1.240 de dereito. Ten casa reitoral (boa). Igrexa parroquial pequena, céntrica e ben conservada. Partida máis antiga: 1.771. Capela: Santo Estevo (A Barranca).

Parroquia de Santiago de Reinante
Categoría E, Arciprestado de Ribadeo, Habitantes 300 de feito. Non ten casa reitoral. Partida máis antiga: 1.896. A parroquia foi creada en 1.895.

No hay comentarios:

Publicar un comentario