Foto: XUNTA DE GALIZA |
O xoves 21 celebrouse en Lugo, no Auditorio do Edificio Administrativo da Xunta, a gala dos Premios Deporte Galego 2012. Fixéronse entrega de galardóns a diversos deportistas, asociacións e eventos, algúns máis ou menos discutibles.
En calquera caso durante a presentación da Mención Especial á Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional utilizáronse imaxes que son propiedade da Liga Nacional de Billarda (LNB).
Tendo en conta que a LNB, nos seus case 10 anos de historia, non ten nin tivo ningunha relación coa citada Asociación, PEDIMOS explicacións públicas sobre o uso sen permiso e sen mencionar a súa orixe deste material usado na Gala.
Queremos que a Xunta de Galiza nos aclare o que aconteceu para a utilización de xeito ilegal do noso material audiovisual.
Solicitamos aos portavoces dos grupos parlamentarios que dirixan a pregunta ao Secretario Xeral para o Deporte, señor José Ramón Lete Lasa.
En ningún caso imos renunciar, desde a LNB, a defender os nosos valores, o noso patrimonio e o noso pedazo de historia conquerida logo dunha década de sangue, suor e bagoas.
Pola dignidade do noso deporte nacional, Billarda Sempre!
As imaxes empregadas no acto están tomadas en instalacións públicas?
ResponderEliminarPosiblemente, tódolos Abertos da LNB fanse en espazos públicos previa solicitude de permiso. De calquera xeito, as imaxes tomadas por os membros da LNB, da ACD O Varal e doutras asociacións que colaboran seguen a ser propiedade da LNB.
ResponderEliminarA LNB e una asociación, un clube, unas siglas ou que ven sendo? Ten alguna persoa física ou xurídica que a represente ou son so un fato de amigos que se xuntan de cando en vez para xogar a billarda?
EliminarA Liga Nacional de Billarda (liganacionaldebillarda.com) é unha iniciativa promovida desde a Asociación Cultural e Deportiva O Varal. Rexistrada e constituída oficialmente. O voceiro da ACD O Varal é http://ovaral.blogspot.com.es/.
Eliminar