11 feb 2013

O Mundo segundo Monsanto


Documental que denuncia os efectos negativos que provocan os produtos agroquímicos e a semente de soia transxénica que comercializa a empresa máis grande do mundo no sector.

En síntese, expón a cara máis escura da lóxica económica neoliberal, a través da realidade agrícola de América, especialmente da Arxentina.

Hoxe Monsanto é a primeira sementeira de soia, millo, algodón e produtor de agroquímicos do mundo. Quen di semente, di Monsanto, pero tamén di alimentos.

É empresa norteamericana que manexa o mercado mundial da soia. É a mesma empresa que fabricou PCB, e agochou durante 50 anos que ese aceite era canceríxeno. É a empresa que produce e que patentou a semente de soia xenéticamente modificada, para resistir agroquímicos e tempestades, etc.




No hay comentarios:

Publicar un comentario