16 ene 2013

Idle No More, o movemento indíxena


O movemento de protesta Idle No More naceu o 11 de decembro de 2012 como resposta ás agresións do goberno do Canadá cara ás nacións indíxenas. Foi iniciado por catro mulleres: Nina Wilson, Sylvia McAdam, Jessica Gordon e Sheelah McLean; logo dunha folga de fame da xefe Theresa Spence, para intentar poñer fin a inacción nas difíciles relacións entre o estado e os pobos autóctonos.

Os fundadores de Idle No More esbozaron a visión e os obxectivos do movemento o 10 de xaneiro de 2013 nun comunicado de prensa que, resumido, viña a dicir:

A visión xira en torno ás formas indíxenas de coñecemento enraizado na Soberanía Indíxena para protexer a agua, o aire, a terra e toda a creación para as xeracións futuras.


Os proxectos de lei do goberno conservador canadense, que comezan coa Lei C-45, ameaza Tratados e esta visión indíxena da Soberanía.

O obxectivo do movemento é a educación e a revitalización de los pobos indíxenas a través da Sensibilización e Participación. 

Idle No More xa conta co apoio dunha ducia de organizacións, tales como Amnistía Internacional ou Rights Watch.

Non se trata dun caso illado. É a loita dun pobo indíxena colonizado contra un goberno que pretende borrar a súa cultura, a súa lingua e o seu legado histórico e que pon como única escusa converter Canadá nun país "máis civilizado".

Todo é válido para extrapolar. Cada quen é libre de sacar as súas propias conclusións.






No hay comentarios:

Publicar un comentario