12 ene 2013

Hai Alternativas, outro xeito de ollar a crise


O escritor e crítico literario Xosé Manuel Eyré achegábanos fai uns días, desde a súa bitácora, á obra "Hay Alternativas" de Vicenç Navarro, Juan Torres López e Alberto Garzón; con prólogo asinado por Noam Chomski. O libro é unha resposta razoada sobre a situación económica e política e os motivos que nos mergullaron na crise e, sobre todo, intenta desmontar os peregrinos argumentos tópicos de "non hai máis remedio" ou "os recortes son malos pero non hai outra solución".

O texto non deixa nada importante sen analizar para a continuación plantexar posibles solucións que deberían entrar en calquera debate por obvias. O índice do libro xa sinala o que se aborda:

I. As causas da crise mundial
II. As singularidades da crise española
III. O que hai que solucionar: axenda para unha economía máis xusta e eficiente
IV. As condicións para crear emprego decente
V. A  hipoteca do déficit social
VI. ¿Baixar os salarios ou subilos para crear emprego e recuperar a economía?
VII. O financiamento doutro modelo de actividade económica
VIII. Outra Europa, outro mundo
IX. A economía ao servizo das persoas e en harmonía coa natureza
X. Propostas concretas

Por poñer un exemplo, para animarvos a súa lectura, no tema dos salarios, os autores pensan que "os empresarios parten da interpretación individual dun empresario, para o cal canto máis baixos estean os salarios menores costos de produción soportará e, por tanto, maior capacidade para diminuír os prezos" pero todo é un paradoxo xa que "o salario a nivel microeconómico é cun costo pero a nivel macroeconómico é un compoñente fundamental da demanda, é dicir, da capacidade de consumo da economía. Si os salarios baixan para tódolos traballadores, entón a capacidade de consumo global tamén será moito menor e os empresarios terán menos posibilidades de vender tódolos produtos que producen".

O libro que pode baixarse de balde, en formato PDF, na propia web de Vicenç Navarro (e de paso ler os problemas que tiveron coa editorial para publicar).

No hay comentarios:

Publicar un comentario