9 ene 2013

Defensa, novos tempos para a cacicada


A primeira vez que fun persoalmente pagar unha multa de tráfico á Xefatura Provincial de Lugo sorprendeume que tivesen un garda xurado para garantir a seguridade na instalación. Acaso non se fían deles mesmos? Se a propia Garda Civil ten que contratar seguridade privada non transmite moita sensación de confianza cara aos cidadáns.

O tema volveume á memoria logo de ler no xornal "La Marea" que o Ministerio de Defensa do reino vai gastar no 2013 máis de tres millóns de euros para protexer os hospitais militares con seguridade privada armada. Isto é un paradoxo ou unha inconsciencia. Non teñen armas no exercito? Non están capacitados para preservar a integridade nos seus propios hospitais? Que carallo fan no Afganistán?

Parándose a ler detidamente o artigo da xornalista compréndese de seguido que se trata douta cacicada máis do Partido Popular, enmarcada na súa folla de privatizar todo o que se poida. E non pararan ata que privaticen o aire que respiramos.

A concesión foi adxudicada a dúas empresas: Ombuds e Eulen. Na primeira, entre outros, figura Rodrigo Cortina López (fillo dun achegado a Fraga) e Antonio Eraso Campuzano (amigo do rei Borbón). Na segunda, Eulen, moito máis coñecida na Galiza pola cantidade de contratos que ten asinado coa Xunta, destaca a figura de Micaela Nuñez Feijóo, irmán do mandamáis.

Ao meu entender, todo é unha cacicada moderna, sen boina, pero coa mesma intención: favorecer aos da casa cos cartos das arcas públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario