10 dic 2012

O desafiuzamento do sr. Restrepo


Foto: AMA, para El Progreso
A veciñanza ribadense dos Garitos quere desafiuzar ao sr. Restrepo da súa humilde morada. Ata o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, foi visitalo para convidalo a abandonar o seu fogar improvisado. Eu, e coma min moitos mariñáns da miña xeración (e de outras), lembrámonos moi ben quen foi o sr. Restrepo e por iso é difícil explicar que non teña estatua nos xardíns municipais ou título de fillo adoptivo da vila.

Non estou moi seguro da súa procedencia. Comentáronme que era asturiano, nativo da Veiga, e asentado en Ribadeo desde fai décadas. O que si recordo ben é a súa faceta como comerciante polo miúdo de todo tipo de cousas, por moi imposibles que fosen, nunha céntrica rúa, que logo perdeu por cousas da herdanza e do divorcio de seus pais. Tamén lembro a súa inmersión no mundo da radio a través das ondas da FM caseira RadioEoMusical. E logo do seu proxecto con máis risco e innovación: o zoolóxico de Ribadeo. Aquí investiu todo o seu patrimonio persoal que perdeu no fracaso do emprendemento. Tivo moitos problemas cun macaco que trababa aos despistados que se achegaban a osmar.

Por todo o que leva feito e significado, o Concello ten o deber de reivindicar a figura deste ribadense bo e xeneroso.

A historia que vos conto é verídica. Podedes escoitar ao sr. Restrepo falar da súa vida nestas dúas gravacións feitas no ano 2010.




3 comentarios:

  1. Saiba vostede que eses "despistados que se achegaban a osmar" ao sr Restrepo estaban tranquilamente nas súas casas e foi o macaco que se achegou ata elas, non ao revés. As consecuencias non foron de risa, sobre todo nunha persoa que pasou 4 meses tratando as feridas dunha perna, sen incluír o medo a posibles contaxios, dado que o macaco non estaba vacinado.

    ResponderEliminar
  2. Se a teño molestado, quero pedirlle as miñas sinceras desculpas. Non era a miña intención. Por suposto que non é nada cómico o sentirse en perigo por o comportamento indebido de outras persoas e máxime cando nin sequera respecta o dereito aos animais. No texto so quería darlle un ton cómico e volvo a expresarlle que sinto moito tela molestado.

    ResponderEliminar
  3. O seu lugar de procedencia está como ben ti dis na Veiga, concretamente no lugar de Restrepo, sito na estrada que sube cara o porto da Garganta.

    ResponderEliminar