
A banda da Estrada xa tiña gravado un álbum anterior, "As palabras espidas (2007)", que fora moi ben recibido pola crítica entendida en estes mesteres. O seu primeiro disco serviu tamén para inaugurar a produtora viguesa Kamikaze Música.
Jasper, Gus, Paul e Amós conforman a día de hoxe unha das novas bandas con maior proxección no panorama musical galego. En agosto deste ano empezaron a preprodución-composición dun novo disco, "Cancións de Amor e Liberdade", que pretende ter listo para o día 26 de febreiro de 2013 e comezar unha xira por toda Galiza en marzo. O proxecto é autofinanciado e precisa a axuda de todos aqueles que son seguidores da banda, daqueles que queren que a música en galego se manteña no lugar que lle corresponde, daqueles que gustan da cultura galega. Por iso a intención é recadar orzamento mediante crowdfunding a través do portal Verkami. Podes axudar aportando desde 5 euros en diante e sempre terás algunha recompensa polo teu xesto.
Cos túas mans podes construír Cancións de Amor e Liberdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario