4 dic 2013

De cando os españois vendían Ceuta e Melilla

No ano 1801 era rei dos españois o borbón Carlos IV (aínda que gobernaba Godoy) i en Marrocos fora proclamado sultán o alauita Muley Suleiman.

As relacións de amizade entre os reinos veciños non eran moi xeitosas poren, ante a escaseza de colleitas na Espanha, iniciáronse conversas para mercar trigo en Marrocos.

Ante a negativa do Sultán de vender cereais, Godoy ordenou ao embaixador español ofrecer Ceuta e Melilla como moeda de cambio. O Sultán, que nisto do patriotismo era coma os borbóns, negouse a aceptar o intercambio.

Magoa. Canto debate estéril aforrariamos a día de hoxe nas televisións ultra centristas.

Fonte: Historias de la Historia

3 dic 2013

A Lei Mordaza, segundo The Guardian

Sobre a Lei de Seguridade Cidadá, ou Lei Mordaza, que supón unha volta atrás no tempo ao estilo fascista, cambiando leis para converter o Estado nun réxime autoritario e represivo, no xornal inglés The Guardian pode lerse análises deste tipo:

"A reorganización dos estados nunha dirección autoritaria é parte dun proxecto a longo prazo para deter a democracia mantendo un mínimo de lexitimidade democrática".

"A nova Lei de Seguridade Cidadá que quere aprobar o goberno español é un ataque á democracia". "Non se trata só de medidas para disuadir aos cidadáns para que non protesten, senón de domesticar aos que pese a todo dedícanse a facelo".

Non é un lei provisional para un tempo convulso. É unha lei concibida coa idea de permanecer no futuro.

30 nov 2013

O Craega e a Homeopatía Veterinaria

Mira que se ven cousas estrañas polas redes sociais. Que o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) fomente a participación nun obradoiro de Homeopatía Veterinaria non é insólito é estúpido.


Aí vai a ligazón á páxina do Craega


E logo unha explicación didáctica do que é a Homeopatía, nun vídeo de James Randi (subtitulado ao castelán)


26 nov 2013

#ViolenciaMachistaNon



Unha foto cada día no peor año da súa vida



"Non sei se chegarei a maña...."



Para ver e reflexionar.







25 nov 2013

Conversas de taberna sobre ecoloxismo

Fai uns días tiven unha charla cuns amigos da esquerda comarcal. Uns viños, temas varios i entretenidos. Entre eles falouse de ecoloxía, algo no que temos posturas moi diverxentes.

Na esquerda hai unha especie de virus mutante que os leva a apoiar calquera iniciativa que se guinda a etiqueta de "ecolóxico", non se profundiza moito no tema para saber o que hai realmente detrás.

Do mesmo xeito, que fai un tempo, me deixaron fliplando co apoio a un negocio particular chamado "Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico", Thor descarga raios sobre min cando teño que soportar aseveracións do tipo de que hai que defender ao sector primario baseado na gandería intensiva con vacas frisonas ou similares por ser sostíbel. Pero alguén parouse a botar uns cálculos sobre a contaminación e a depredación do ecosistema destas fórmulas en comparación cos postos de traballo que crean?

Máis a miña conversa centrouse nos xa famosos "coches eléctricos" (non confundir cos das feiras). Bombardeo mediatico constante para que asumamos como solución ecolóxica fronte aos motores diesel ou de gasolina. Craso erro.

O coche eléctrico é outro produto/opción do mercado capitalista que se rexe polas mesmas directrices que o Ford T. Mesmo sistema de fabricación e distribución. Baterías de litio tóxicas, contaminantes e dificilmente reciclábeis. Recargas na rede eléctrica, a día de hoxe, maioritariamente enerxía xerada por combustibles fósiles ou enerxía nuclear.

Onde lle poñemos a etiqueta de ecolóxico ao coche eléctrico?

24 nov 2013

O crepúsculo dun rei

Logo de ler a Aníbal Malvar, no seu espazo "Rosa y espinas" do xornal Público, nunha entrada tremendamente interesante, busquei pola rede e atopei a reportaxe emitida por Canal+ Francia.

Le Crepuscule d'Un Roi, do rei do país veciño, do herdeiro do franquismo, do Juan Carlos. Pega a pena botarlle unha ollada.

Cada quen que pense o que queira. Na TVE non teñen pensado emitilo