Jan 3, 2014

Napalm sobre o Parlamento

(Galicia Confidencial)

"Encántame o cheiro do napalm pola mañá. Ule a vitoria"
(Nuñez Feijóo)

Que Feijóo pretenda reducir o número de representantes no Parlamento Galego sería unha boa idea, sempre e cando, os dez deputados sobrantes saíran das filas do PPdeG. Total para que os precisamos senón contribúen en absoluto a defensa e valorización deste País. É ademais, o estado zombi no que se atopan, durante toda a lexislatura, moitos representantes populares fainos pensar na inutilidade do Parlamento como órgano representativo da vontade do pobo.

Poren a xogada de Feijóo é darlle máis peso nas hurnas ás provincias de Lugo e Ourense, restando nas outras dúas,  para garantir unha maioría parlamentaria pouco lícita ao xeito dunha república bananeira.

O déficit democrático é tal na Galiza contemporánea que aprobar unha medida tan drástica e desta envergadura, saída do executivo, sen consultar á cidadanía asúmese con total normalidade. Roubar o dereito a escoller dos galegos, facer trampas para manterse no poder, todo vale. Unha aldraxe máis perpetrada por uns tipos sen oficio que xa fai tempo que aparcaron a ética para perpetuarse nas poltronas.

Non creo que no estado español existise a chamada "transición" cara á democracia. Dende logo na Galiza, non. Os caciques seguen a ser os mesmos, os ricos máis ricos e os pobres máis pobres. Para unha transición de verdade na nosa nación, disolvede o Parlamento hoxe mesmo i escollede aos 71 representantes do pobo por sorteo.



No comments:

Post a Comment